Xa está aquí a nosa primeira revista anual.
Presentamos o primeiro número da revista da fundación, unha publicación coa que queremos recoller e compartir a memoria da nosa actividade ao longo do ano.
Este número ten un valor especial: é o inaugural e resume os dez primeiros meses de traballo da fundación, desde o noso inicio en abril de 2025 ata finais de ano.
A decisión de que este primeiro volume non cubra un ano natural completo responde a unha razón práctica: a partir de agora, a revista publicarase cada mes de xaneiro, coincidindo co peche do ano anterior. Deste xeito, este número marca tamén o punto de partida dun calendario estable de publicacións.
A revista non está pensada unicamente para socios, doantes ou persoas colaboradoras, senón para calquera persoa interesada na nosa iniciativa. Nela explicamos as principais actividades desenvolvidas ao longo destes meses, o camiño percorrido desde os primeiros pasos da fundación e algúns dos retos e liñas de traballo que se abren no ano que comeza.
Con esta publicación queremos facer balance, render contas e, sobre todo, compartir unha historia colectiva que segue medrando grazas ao apoio de moita xente.
Podes ler e descargar a revista completa aquí: