Blog

O espírito do muiño segue no barrio

Hai anos, cando o tecido social era diferente ao dos nosos días, aqueles espacios onde se colectivizaba o traballo funcionaban como o corazón dos lugares.

O muiño da Gramela foi durante moito tempo un deses “corazóns” que latexaban ao ritmo das súas xentes. Incluso cando a pedra do muiño deixou de soar e a cidade medraba limitando os usos e costumes tradicionais, o seu espírito convidaba á veciñanza a seguir facendo xuntanzas de todo tipo ao seu redor.

Desde o ano 87, as pedras daquel xigante deixaron de habitar a Gramela, pero desde hai un tempo, os nosos compas do Galgo Azul, andan a recuperar e resignificar a importancia deste legado, agora xa inmaterial.

Desde a Fundación queremos agradecerlles que contaran con nós para unha das súas intervencións artísticas, nas mans do ilustrador e grafiteiro Julián, de @dimeplaga.

Deixamosvos o enlace ao proxecto e convidamosvos a que vos acheguedes a esta marabilla de iniciativa.

https://galgoazul.com/proxectomuino