Blog

Notas dun mercadiño de nadal

Este sábado, 12 de decembro, a Fundación Sergio Villar participou no mercadiño de Nadal da praza do comercio. Celebrado no local da Asociación de Veciños, a cita serviu como punto de encontro para proxectos locais, veciñanza e comunidade.

Durante a xornada compartimos espazo con iniciativas creativas moi interesantes, como Bícame para lembrar, un proxecto de dúas creadoras que traballa a serigrafía artesanal inspirándose na tradicion popular recollida na memoria das nosas cantareiras,  e así darlle un aire novo as nosas prendas máis vellas, ou A Manciña, unha rapaza que factura distintas pezas cun coidado traballo de corte e confección que destacan pola súa sensibilidade e atención ao detalle.

Desde a fundación quixemos contribuír tamén cun pequeno espazo de xogo para as máis pequenas e pequenos, favorecendo un ambiente no que convivisen creación, conversa e participación.

Foi unha xornada para coñecer xente do barrio, intercambiar impresións e seguir construíndo relacións de proximidade.

Queremos agradecer á Asociación de Veciños a invitación e a boa acollida, e agardamos poder seguir formando parte das súas actividades no futuro.