Na Fundación Sergio Villar cremos no poder do deporte como ferramenta de transformación social. Por iso, estamos moi felices de anunciar un novo acordo de colaboración con Manuel González Ron, estudante na facultade de ciencias do deporte e educación física da Coruña, deportista polivalente e amigo da casa desde sempre.

Manu é desas persoas que vive o deporte con paixón: compite en carreiras populares, xoga ao tenis, ao fútbol, practica natación… e sempre coa mesma enerxía e compromiso. Para él, o deporte é moito máis que unha actividade física: é un espazo de aprendizaxe, superación e convivencia.
A través deste patrocinio deportivo, queremos apoiar a súa traxectoria e sumar esforzos para difundir os valores que compartimos: traballo en equipo, saúde física e mental, e cohesión social.
Este acordo é tamén unha oportunidade para seguir tecendo rede e facendo do deporte un camiño compartido. Gracias, Manu, por inspirarnos co teu exemplo. E gracias a todas as persoas que cren, como nós, que outro mundo é posible, aportando o seu graniño de area alí onde o consideran necesario.
