Blog

Un ano máis crecendo xuntos

Neste novo curso deportivo, a Fundación continuará apoiando o crecemento da base do club mediante o patrocinio de dous equipos das categorías Benxamín e Prebenxamín, reafirmando a nosa vontade de acompañar ás nenas e nenos nos seus primeiros pasos no deporte e na vida en comunidade.

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao club pola confianza depositada en nós e pola oportunidade de formar parte dun proxecto que transcende o ámbito deportivo.

O 5 Coruña destaca pola súa excelente xestión social, pola súa capacidade para construír un espazo seguro, participativo e educativo, e pola súa aposta constante por valores como o esforzo, o respecto e a cohesión comunitaria.

Desde a Fundación tomamos o seu traballo como referente de boas prácticas, de planificación rigorosa e de perseverancia, e celebramos cada avance que o club consegue tanto dentro como fóra da pista. Para nós é unha honra acompañar esta traxectoria e sumar esforzos na creación de contornas deportivas que contribúan a formar persoas comprometidas, responsables e sensibles á realidade social que as rodea.