Entidade

MISIÓN

O traballo da Fundación ten por obxecto a asistencia ou intervención fronte a situacións ou risco de vulnerabilidade social, con especial atención á protección da infancia e da adolescencia, procurando condicións de acceso a recursos socialmente valorados e, en xeral, a unha vida digna para as persoas e os colectivos máis desfavorecidos por mor de inxustizas estruturais ou conxunturais.

Defendemos a igualdade efectiva de dereitos, deberes e oportunidades de todas as persoas, con independencia da súa orixe, xénero, cultura, identidade ou sexualidade, así como a súa adscrición comunitaria ou sistemas de crenzas.

VISIÓN

Queremos ser un punto de referencia no traballo con nenos, nenas e adolescentes, así como co seu ámbito familiar, proporcionándolles as ferramentas necesarias que permitan responsabilizarse das súas vidas e a súa contorna.

A través de proxectos asistenciais, formativos e ocupacionais, queremos contribuír ao desenvolvemento comunitario en colaboración con outras entidades e colectivos, a fin de fomentar a cohesión social, a igualdade de oportunidades e a mellora na calidade de vida.

Somos unha organización comprometida coa xustiza social e o respecto ao medio, por tanto, figura entre os nosos obxectivos chegar a ser referentes no campo da divulgación e da pedagoxía para a conformación dunha cidadanía social e ambientalmente responsable.

VALORES

Para cumprir a nosa Misión e canalizar a nosa Visión é necesario actuar en base a uns valores compartidos acerca de como debe rexerse o comportamento de quen participa na Fundación.

Os valores básicos que destacamos a continuación implican a asunción doutras moitas actitudes derivadas. O noso compromiso pasa por ser coherentes con eles, defendelos e difundilos na práctica cotiá.

LIÑAS DE ACTUACIÓN

  • Creación, desenvolvemento ou colaboración con/de proxectos deportivos, culturais ou ambientais destinados a ampliar o percorrido formativo dos beneficiarios da Fundación coa posibilidade de involucrar a novos axentes ou voluntariado social que, en definitiva, contribúan á xeración de vínculos comunitarios.
  • Creación, desenvolvemento ou colaboración con/de espazos asociativos, formais ou informais, encamiñados a normalizar unha cultura cívica e participativa entre beneficiarios e persoas afíns ao proxecto.
  • Implementación dun sistema de becas-axuda que sirvan como soporte económico ou material para unha formación regrada, a través de pago de mátriculas, clases de apoio, necesidades médicas ou materiais básicas, así como calquera tipo de asistencia relacionada co obxecto da Fundación.
  • Deseño e realización de eventos públicos e posta en marcha de dispositivos que funcionen como rede social e contribúan a dar visibilidade ás actividades da entidade e a súa comunidade de participantes.