Blog

Documentos públicos

A Fundación Sergio Villar é unha organización sen ánimo de lucro, de ámbito autonómico, que nace para contribuír a mellorar as condicións de vida de persoas e colectivos en situación ou risco de vulnerabilidade, prestando especial atención á infancia e á adolescencia.

Foi clasificada como de interese asistencial por Orde do conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes do 11 de marzo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 24 de marzo) e declarada de interese galego por Resolución da secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade do 1 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 71, do 11 de abril), figurando inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2025/5.

Os cargos de representación, así como o propio padroado da Fundación, están constituídos por: J. Luis Villar Díaz, presidente e coordinador de comunicación; Adela Mª Villar Uzquiano, vicepresidenta e portavoz; Mª Dolores Díaz Señor, secretaria e coordinadora de recursos; Víctor Villar Caamaño, coordinador de xestión; e Cecilia Uzquiano Fernández, Rafael Villar Caamaño, Manuel Díaz Señor e Román Villar Uzquiano, como vogais.

O noso organigrama divídese en tres áreas: xestión, recursos e comunicación, contando con profesionais acreditados en diversos ámbitos como coordinadores de proxectos vinculados á entidade.

Nesta entrada, déixanse ancorados os documentos de carácter público para o seu acceso.

Estatutos:

https://mail.google.com/mail/u/0?ui=2&ik=d1cf372fc2&attid=0.1&permmsgid=msg-f:1829734949408462521&th=1964863dfc9bd6b9&view=att&zw&disp=inline

Publicacións DOGA:

https://mail.google.com/mail/u/0?ui=2&ik=d1cf372fc2&attid=0.1&permmsgid=msg-f:1829734388193753086&th=196485bb519af7fe&view=att&zw&disp=inline

https://mail.google.com/mail/u/0?ui=2&ik=d1cf372fc2&attid=0.3&permmsgid=msg-f:1829734656352506956&th=196485f9c11cd44c&view=att&zw&disp=inline

https://mail.google.com/mail/u/0?ui=2&ik=d1cf372fc2&attid=0.3&permmsgid=msg-f:1829734656352506956&th=196485f9c11cd44c&view=att&zw&disp=inline