Blog

Colaboración co 5 Coruña FS

En setembro do 2024, cando a Fundación era só un proxecto sobre o que traballabamos con moito cariño, a asociación deportiva 5 Coruña Fútbol Sala abriunos as súas portas para comezar a facer realidade os nosos plans.

O inicio da nosa colaboración concretouse nun patrocinio deportivo que serviría para darnos visibilidade á vez que axudabamos a manter, dalgunha maneira, a infraestrutura do club.

A tempada de competicións arrancou, e un equipo da categoría Prebenxamín e outro Benxamín, lucían o noso logo na súa camiseta.

A raíz disto, tivemos a sorte de facer unha presentación á que asistiron nenos, pais, familiares e directivos do club, onde explicamos a iniciativa que estabamos a poñer en marcha, o por qué, o para qué, e por primeira vez atopamos un retorno que nos animou a afondar en todos os aspectos do deporte base.

Unha vez finalizada a tempada, e xa coa Fundación iniciando a súa actividade formalmente, queremos agradecer ao club, ás familias e especialmente aos protagonistas, os nenos, a súa acollida.

Isto é só o principio dun camiño que nos gustaría percorrer co 5 Coruña FS, ao ver neles un exemplo práctico dos valores e principios que a propia Fundación tenta fomentar.

“Eu creo na idea”